ECHENDO DE COR O TRAVESÍA
Exposición dende o 15 de xullo ata o 13 de setembro na Planta Biaxa do Travesía.
Embárriate Teis «Encontros nos patios» é un proxecto que nace da Fundación da Santa Cruz e que ten como obxectivo a prevención, integración e dinamización social e comunitaria. Traballa con persoas en exclusión social fomentando a inclusión e a participación na sociedade de colectivos altamente vulnerables. Na iniciativa participaron 600 persoas pertencentes a centros escolares de Teis e 4 entidades sociais do barrio. Este proxecto busca crear vínculos entre persoas sen fogar e os colexios. A iniciativa creativa foi crear casiñas con cartón, facendo referencia a este material que é usado polas persoas sen fogar, e decoralas con cores. Desta maneira, a proposta ten un único fin: educar en valores e romper estigmas e barreiras.
Particiapron moitos centros do barrio de Teis:
CEIP Alexandre Bóveda, CEIP, Paraixal, CEP Santa Tegra, CEIP San Salvador, Xaruma, Alborada, Centro de Día Atalaia, CEIP Vicente Risco, CEIP Frian de Teis, Colexio San José da Guía, Semente Vigo, Aula Hospitalaria Álvaro Cunqueiro.
Travesía é Barrio, Travesía é Teis