Este venres, 20 de setembro, desde as 10:00 h, unímonos ao Concello de Vigo e á Asociación Voces polo Litoral deTeis para levar a cabo unha xornada de limpeza de especies exóticas invasoras e residuos no carreiro litoral azul do Monte da Guía.
Mais de 100 alumnos dos colexios Frian e Vicente Risco, xunto cos seus profesores, estarán presentes non só para axudar, senón tamén para aprender con interesantes charlas sobre o medio ambiente.
Grazas a FCC por facilitar os materiais de recollida e ao Carrefour, que nos proporcionará avituallamiento e unirase á acción.
Esta acción realízase con motivo do World Clean Up Day, o Día Mundial da Limpeza, que se celebra todos os anos o terceiro sábado de setembro.
Imos vivir unha experiencia divertida, educativa e moi sostible!