Os días 30 e 31 de outubro, outro ano máis, poñeremos en marcha a nosa celebración de Samaín cunha gran variedade de actividades e sorpresas para que tanto nenos como adultos poidan gozar dun ambiente divertido.
📸 Photocall inspirado na casa encantada de Bitelchús
A planta alta será o corazón da festa, cun photocall inspirado na casa encantada de Bitelchús feito con materiais reciclados de campañas anteriores.
📅 Desfile e Flashmob
O mércores 30 de outubro, de 17:00 a 20:00 h, terá lugar un desfile de disfraces seguido dun divertido flashmob dirixido pola actriz e presentadora Cecilia Vázquez. Ademais, ao final da tarde, todos os participantes poderán formar parte dun sorteo dunha Nintendo Switch e unha tarxeta regalo de 120€ para gastar no hipermercado Carrefour.
Revisa as BBLL do sorteo aquí.
🎨 Talleres e Pintacaras
O xoves 31 de outubro, de 17:00 a 20:00 h, os máis pequenos poderán gozar dun taller de manualidades terroríficas e pintacaras. Non é necesario cubrir inscrición previa, permítese a participación ata completar aforo!
🍬 Truco ou Trato
Os dous días, 30 e 31 de outubro, xogaremos ao truco ou trato nas tendas do Centro Comercial que presenten este adhesivo.
Xogar é moi sinxelo, os nenos só teñen que percorrer as tendas que forman parte desta iniciativa e, ao berro de «Truco ou trato!», poderán encher as súas bolsas de caramelos.
Aproveitate desta oportunidade perfecta para gozar cos máis pequenos e deixarse levar polo espírito do Samaín 👻
Esperámoste en Travesía para un Samaín inesquecible!