Comprácenos informar da próxima iniciativa que poñemos en marcha en Centro Comercial Travesía e que terá lugar este sábado 17 de decembro ás 19:00 horas na planta 1. Unha nova proposta asociada a centro pet friendly sendo a primeira navidade como espazo aberto a visita con mascotas.
Fomos elixidos para a presentación oficial do libro A Historia de Quin, versión en galego, da Editorial Galaxia e que narra a historia da procura e rescate dun can adoptado e que se perdeu durante as súas primeiras vacacións en familia. A súa historia se viralizó en redes sociais e acabou converténdose nun libro solidario co que se recadaron fondos para a creación dunha canceira municipal. Agora, a Editorial Galaxia, presenta unha nova edición do libro en lingua galega. Contaremos cos seus protagonistas, Antonio Fernández, Esther Rey e o seu can Quin, así como Alicia Tojeiro Ríos, coescritora do libro e galardoa en 2020 co Premio Educa á mellor profesora de España.
A presentación será con aforo libre, sen confirmación previa e servirá de encontro para os seguidores de Quin e para todas as persoas que queiran facerse co libro asinado polos seus protagonistas.