O día 31 de agosto a partir das 18:30 hrs únete á nosa Festa Hippie inspirada na película «MAMMA MIA» para celebrar o fin do verán con todas as familias do barrio.

Goza de exhibicións de danza da man da escola do barrio de Teis Star Danza  (@stardanza) e Danzarinas (@danzarinaas_) e de música en directo coa actuación do dúo Bela & Charlo (@belacharlo).

Ademais, teremos un taller para facer coroas e adornos, de temática flower power para nenos e adultos, e un pintacaras temático, no que se sortearán entradas de cinema para todos os membros de 3 familias.

Tamén contaremos con 2 photocalls acordes á temática da festa e contaremos, durante a última semana de agosto coa exhibición de dúas furgonetas, unha VOLKSWAGEN T1 SAFARI dos anos 50 e a nova VOLKSWAGEN MULTIVAN.

Non te perdas esta incrible festa e despide o verán connosco!

📎 Consulta as Bases Legais facendo clic aquí